28 Nov 2017

¡Gracias Grupo Econocom por vuestra confianza!

Durante el año 2017 tuvimos la inmensa alegría de contar con la colaboración de un nuevo patrocinador para el Club, el Grupo Econocom. El Grupo Econocom es un integrador tecnológico internacional que diseña, acompaña y ayuda a las empresas en sus proyectos para la transformación digital aportando soluciones innovadoras y a la medida de los clientes. Cuenta con más de 10.000 colaboradores y está presente en 19 países y, desde este año, ya es una pieza fundamental en el engranaje económico

0
27 Nov 2017

Dobrete na Marcha e éxito da Escola no Belarmino

O primeiro fin de semana de competicións en pista e cross da tempada amosou o bo estado de forma no que empezan os nosos atletas este novo ano, sen importar a súa disciplina ou idade: No Campionato Galego de Marcha de Inverno disputado en Lugo destacaron a nosa fichaxe Iria Rivas cun ouro na categoría sub-18 e un bronce na absoluta e Brais Prieto vencendo na sub-20 e repetindo podium co terceiro posto na absoluta. Destaca Jose Casal, responsable do Sector de Marcha no clube, que «é a primeira vez en

0
24 Nov 2017

A Previa 24/11: Nediam de Ouro e Galego de Marcha de Inverno

Co comezo da temporada o pasado día 1 inauguramos o carrusel de competicións cada fin de semana. Hoxe, como cada venres, facemos a nosa previa particular resumindo o menú que nos espera ou as novas máis destacadas dende o luns: Dende Santa Marta (Colombia) a nosa velocista Nediam Vargas conseguiu o ouro nos Juegos Bolivarianos coa selección venezolana no relevo 4×100. A ansiada medalla chegou despois dun Campionato en progresión. Despois dun 7º posto no hectómetro, conseguiu un 5º nos 200m para rematar

0
17 Nov 2017

Ilustres

Unha vida enteira… e o que lles queda. Eles son os ilustres veteráns do noso clube. Atletas que acumulan moitas décadas, competicións e viaxes coa celeste e que serven de exemplo para a canteira, demostrando que é posible seguir neste mundo e non perder a ilusión do primeiro día: Fernando Paredes Triky: O noso capitán leva máis de 30 anos adestrando co Presidente Jose Ángel Serantes, nun idilio que o converte nun referente xa non só do noso clube ou dos lanzamentos, senón do atletismo

0
14 Nov 2017

Comunicado do Clube: Novo horario das pistas de Balaidos

Despois de varios meses de negociacións coa Concellería de Deportes de Vigo, o pasado luns puidemos anunciarvos o novo horario das pistas municipais de Balaídos, que volverán a abrir as mañáns dos mércores e venres (a maiores dos sábados e domingos). Isto vén despois de 2 meses de negociacións entre o noso Clube e a Concellería, nos que pese o apoio da comunidade atlética con máis de 1.200 firmas en Change.org; sentímonos bastante sós ante as nosas reclamacións. Este novo horario beneficiará a

0
11 Nov 2017

Femenino Celta 17/18: As altas e baixas para pelexar o Ascenso

Se as fichaxes dos homes son ilusionantes, as das mulleres consolidan o gran reto do Femenino Celta para este ano: pelexar e conseguir o ascenso a División de Honor. As novas célticas que aspiran a conseguir o ascenso como novatas son: Irene Gómez: A lanzadora de martelo da Factoría Hermida vén de destrozar o récord galego cadete da disciplina con 57’26m, acompañado de dous ouros a nivel nacional. Co paso á categoría sub16 e formando dupla con Patri Correa os lanzamentos seguirán sendo unha das mellores

0
07 Nov 2017

Caras novas e despedidas nos homes para a nova tempada

Despois dun longo mes anunciando as renovacións e á nosa Estructura, chega un dos momentos máis esperados… e un dos máis duros.  Chega o momento de coñecer cales son os novos integrantes do Real Club Celta Atletismo masculino e qué atletas deixarán de defender a celeste. Nas altas o clube refórzase por sectores estratéxicamente, combinando atletas moi novos e outros que xa contrastaron a súa calidade: David Martínez González: Este madrileño chega do Intec-Zoiti para reforzar á altura cunha mellor marca

0
05 Nov 2017

¡Os nosos Sectores, a nosa Estructura!

Son xunto coa Escola Celta Atletismo, a parte máis importante do presente e do futuro do noso clube. Atletas que adestran a diario cos nosos adestradores, criados na maioría dos casos nas pistas de Balaídos dentro do noso clube. Os Sectores de Entrenamiento do Celta abarcan todas as probas e permiten ter uns adestramentos ás ordes dun técnico de primeiro nivel e cun grupo acorde ás necesidades do atleta. Velocidade 1 e Saltos Horizontais con Alberto Salgado: Ás ordes do antigo saltador do clube

0
02 Nov 2017

Non todo é Vigo: Os nosos fóra da Estructura do Clube

Os distintos sectores dentro da estructura do Celta Atletismo (equipos masculino, femenino e a Escola de categorías inferiores) permiten ós nosos atletas entrenar diariamente nas viguesas pistas de Balaídos. Pero o noso equipo chega moito máis lonxe, seguindo a máxima de ser o primeiro equipo galego en homes e mulleres. Estes son algúns dos nosos atletas máis destacados que, malia non estar cos adestradores do clube, forman parte do mesmo estando perfectamente integrados: Franchu Pérez e Sergio Tellería: Dous atletas veteráns

0
31 Oct 2017

Viteri, Valencia, Finot e Pais firman a súa renovación co Femenino

No día de hoxe estamos moi contentos de poder anunciar as renovacións de catro pilares fundamentáis do Femenino Celta: Bea Viteri, Emma Valencia, Alice Finot e Andrea Pais, volverán a vestir a celeste unha temporada máis. Bea Viteri, na súa sexta temporada como céltica, quere volver a mostrar a súa mellor versión tras unha temporada chea de obstáculos e lesións na que ainda así, foi capaz de clasificarse para o Campionato de España de Pista Cuberta no salto con pértiga. Volverá a

0