06 Abr 2018

A previa 06/04: En abril, competicións mil

Abril chega cargado de choiva e de competicións. A tempada de aire libre da o seu pistoletazo definitivo con probas de case todas as disciplinas posibles. Este é o menú deste finde, marcado en Vigo tamén pola celebración da Reconquista.

1
17 Mar 2018

A previa 16/03: Os cadetes á conquista de Sabadell

Agora si, derradeiro capítulo da tempada de inverno 2018. Despois de 3 meses de campionatos, controis e marcas, a pista cuberta chega ó seu fin con boa parte dos nosos atletas pensando xa no aire libre. Este é o menú desta última fin de semana de competición baixo teito:

0
09 Mar 2018

A previa 09/03: Recta final da Pista Cuberta!

En medio do temporal que trae Félix ás costas galegas imos xa pensando en que acabouse o de poder competir baixo teito, polo menos durante esta tempada. A pista cuberta vive o seu penúltimo fin de semana na que as categorías menores serán as principais protagonistas: Olaia Becerril será a nosa única representante no XLI Campionato de España Sub18 de Pista Cuberta a celebrar en Antequera. A internacional xuvenil aparece coa 5ª mellor marca (5’50) na lonxitude despois dunha complicada tempada de inverno. Lonxe dos seus

0
03 Mar 2018

A previa 02/03: Campionatos por todo o leste e Murcia

Comeza marzo e o ritmo de Campionatos de España intensifícase ante o inmimente final da pista cuberta. Despois dos grandísimos éxitos cos que rematamos febreiro, comezamos o mes con outros 3 nacionais baixo teito de disciplinas distintas: Ourense vivirá a súa posta de largo a nivel nacional XLIII Campionato de España sub20 de Pista Cuberta. No recinto de Expourense estarán presentes 3 atletas célticas: Eva Queimaño é a máis destacada con opcións de medalla no pentathlon (2ª mellor marca) e de posto de finalista na

0
24 Feb 2018

A previa 23/02: Os nosos lanzadores máis novos a polas medallas en Castellón!

Última fin de semana de febreiro na que os nosos atletas entre os 15 e 20 anos serán os protagonistas da actividade céltica. Ata Castellón desprazáronse os nosos lanzadores máis novos para a celebración do III Campionato de España de Lanzamentos Longos para categorías menores, formando a expedición céltica neste campionato de 3 probas (martelo, xavelina e disco) e 3 categorías (de sub16 a sub20) nada máis e nada menos que 7 atletas, estando entre os 8 mellores de España nas súas probas. Eric Méndez (martelo

0
17 Feb 2018

A previa 16/02: Coa élite en Valencia!

Aínda coa resaca da tremenda fin de semana pasada, os atletas célticos prepáranse para dous novas xornadas de competición ao máximo nivel, de pequenos a maiores: O mellor do atletismo nacional cítase no Vélodromo Luis Puig de Valencia no Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta. Ata a capital do Turia desprazáronse 5 célticos para poñer o broche á súa temporada baixo teito: Nediam Vargas (60, 5ª nas inscritas; sábado 11:00 eliminatorias), Alice Finot (1500,8ª; sábado 18:45 semifinais), Adolfo Sainz-Maza (Heptathlon, 11º; sábado e domingo),  Gonzalo Basconcelo (3000, 14º; sábado 20:20 final)

0
09 Feb 2018

A previa 09/02: Promesas en Salamanca e Marcha polo Entroido!

 Fin de semana intensa en toda a xeografía galega polo Entroido, pero máis intensa aínda para os nosos atletas. O mes de febreiro xa entrou de pleno: Salamanca será o escenario central deste fin de semana co Campionato de España sub23 de Pista Cuberta. A presenza de 5 atletas célticos na cidade do Tormes dará o comezo aos campionatos nacionais baixo teito, sendo estes segundo a súa marca de inscripción Pedro Juncal (12º no 400), Andrea Nóvoa (11º en Pentathlon), Elvira Okutu (12º na lonxitude), Luis del Río (15º no 800)

0
03 Feb 2018

A previa 02/02: Galego de Cross e continúan os controis

Comeza o mes de febreiro para os atletas célticos. Nesta fin de semana o cross e os controis de marcas seguirán sendo os protagonistas. Ribadavia será a sé do LXXXIII Campionato de Galicia Absoluto de Campo a Través Individual e Clubs un ano máis. Á vila ourensá viaxarán Lucía Cardesín e Brais González como representantes na categoría sub20 e Fran Rodríguez e Juan Pazos na carreira absoluta este domingo. Lugo volve a acoller as xornadas da Copa Deputación, malia que as probas ao aire libre foron canceladas polas condicións meteorolóxicas incluindo o Campionato Galego de lanzamentos

0
19 Ene 2018

A previa 19/01: Galego Promesa en Coruña e máis controis

Despois do gran Galego Absoluto Indoor da semana pasada continúan as probas neste mes de xaneiro, dando paso agora ó sub23 e a novos controis de marcas: A Coruña volverá a acoller un Campionato Galego de Pista Cuberta despois da inauguración das instalacións de ExpoOurense, sendo o turno agora para os atletas Sub23. Nunha proba marcada polo escaso número de atletas, serán 9 os atletas célticos que acudirán buscando os metais ás pistas de Riazor. Na II Serie Municipal en Vigo os atletas célticos son maioría dentro dos más

0
12 Ene 2018

A previa 12/01: Gala, Absoluto e Veteráns!

A provincia de Ourense continuará a ser o centro atlético de Galicia un fin de semana máis. Tres dos eventos máis importantes do inverno no noso atletismo coparán dende o venres a actualidade na provincia interior: Nestes momentos do venres 12, O Barco de Valdeorras acolle a tradicional Gala do Atletismo Galego. O marchador Brais Prieto (junior), os internacionais Nico García, Eva Queimaño e Olaia Becerril (xuvenil), os ilustres veteranos Jose Fernández Nieves, Miguel Gómez e Emma Valencia (M35), Fernando Paredes (M40), Mariajo Sanromán (M45) e Manuel Rodríguez (M65) serán os premiados como medallistas nacionais. Tamén

0