26 Feb 2018

5 medallas nacionais dos lanzadores e o futuro asegurado coa canteira

Anticipábamos na previa do venres que os atletas máis novos terían este fin de semana o protagonismo, pero nin nos nosos mellores desexos imaxinábamos un panorama así. 7 metais nacionais e unha nova mínima, así como unha gran actuación das rapazas sub18 e sub20 no seu Galego. Aquí tedes a crónica dunha fin de semana na que a nosa canteira demostrou que o futuro é seu! Os lanzadores foron os protagonistas absolutos co seu sensacional Campionato de España de Lanzamentos Longos

0
20 Feb 2018

Marcas persoais en Valencia e a Escola sensacional no Cross!

Dende o Levante ata a Costa da Morte. Os nosos atletas rendiron por enriba das mellores expectativas unha vez máis, dende os máis cativos ata os que a pelexan dentro da élite nacional. No Velódromo Lluis Puig de Valencia os cinco célticos estiveron á altura dun Campionato de España Absoluto indoor. A primeira en saltar á pista sería Nediam Vargas, logrando o mellor tempo nas eliminatorias con 7’56, sendo esta a súa mellor marca da temporada. Pola tarde nas semifinais -e malia non poder pasar a final

0
14 Feb 2018

Os ánimos de Roi funcionaron: Festival de éxitos celestes!

Poucas veces un fin de semana trouxo tantas noticias e tan boas á nosa crónica. Os nosos atletas rendiron por o noroeste peninsular deixando un desfile de mínimas, metais, récords e marcas persoais neste Entroido. Salamanca acolleu o Campionato de España sub23 Indoor onde as nosas 5 promesas estiveron á altura da mensaxe de ánimo de Roi Méndez, o sapoconcho máis famoso de Operación Triunfo. A primeira en saltar á pista foi Andrea Nóvoa no Pentathlon. Despois dunhas accidentadas vallas (10’71) e o concurso de altura

0
05 Feb 2018

Nin o frío pode cos célticos!

Febreiro comezaba cun fin de semana marcado polas baixas temperaturas, nunhas condicións que non invitaban precisamente a competir ao aire libre. Non obstante, os atletas célticos demostraron novamente o que é afouteza e rendiron á altura do comezo de temporada que levamos. No Campionato Provincial de Cross celebrado en Portas a Escola Celta Atletismo seguiu medrando. Os cadetes seguen demostrando que hai una xeración de moito futuro proclamándose campións na categoría sub16, mentres que os alevíns foron prata co equipo masculino. Un orgullo ver á

0
30 Ene 2018

5 medallas dos combineiros, os cadetes seguen medrando

O último fin de semana de xaneiro estivo marcado polos Campionatos Galegos de dúas disciplinas tan distintas como o cross e as combinadas, dando deste xeito un respiro á pista cuberta antes do carrusel que vai vivir en febreiro e marzo. Lugo acollía durante o sábado e o domingo o Campionato Galego de Probas Combinadas no que o gran protagonista sería Adolfo Sainz-Maza. O lucense proclamábase campión galego absoluto con 4.744pts e despois de superar a barreira dos 2m na altura; acompañándolle no podium Miguel Cajaraville (prata, 4.043pts).

0
22 Ene 2018

9 medallas en Riazor e novas mínimas nacionais

Como adiantamos na previa do venres, o comezo dos Campionatos Galegos de categorías supuxo a chegada de novas medallas á Casa Celta, así como novas mínimas para os nacionais: A coruñesa pista de Riazor volveu a acoller o Campionato Galego Sub23 Indoor nos que a representación céltica destacou nunha xornada con pouca participación. Andrea Nóvoa (ouro en Altura e bronce en 50mv) e Laura Rosende (prata en 400 e bronce en 200) exerceron de veteranas aportando a metade dos metais conseguidos, mentres que Elvira Okutu co seu ouro en lonxitude completaría

0
19 Ene 2018

A previa 19/01: Galego Promesa en Coruña e máis controis

Despois do gran Galego Absoluto Indoor da semana pasada continúan as probas neste mes de xaneiro, dando paso agora ó sub23 e a novos controis de marcas: A Coruña volverá a acoller un Campionato Galego de Pista Cuberta despois da inauguración das instalacións de ExpoOurense, sendo o turno agora para os atletas Sub23. Nunha proba marcada polo escaso número de atletas, serán 9 os atletas célticos que acudirán buscando os metais ás pistas de Riazor. Na II Serie Municipal en Vigo os atletas célticos son maioría dentro dos más

0
15 Ene 2018

12 metais no Galego Absoluto, premios e boas actuacións

Un comezo de ano para ilusionarse. Un novo fin de semana os nosos atletas están demostrando que 2018 está chamado a ter grandes alegrías dentro da familia céltica. O sábado durante o transcurso do XXXIII Campionato Galego Absoluto de Pista Cuberta celebrado por primeira vez no recinto de ExpoOurense, a expedición céltica conseguiu 12 metais en total. Ata 5 ouros grazas a Gonzalo Basconcelo (3000), o dobrete de Adolfo Sainz-Maza (60mv e altura) e un novo dobrete na pértiga de Bea Viteri e Miguel Cajaraville. Foron 4 os subcampionatos que chegaron con Andrea

0
08 Ene 2018

O Femenino segue reinando na Copa, os homes repiten prata!

Sen cambios respecto a 2017. Na Copa Galega de Clubes en Pista Cuberta – estrenándose na instalación de Expo Ourense – os nosos equipos repetiron o posto do ano pasado  aínda que con distintas sensacións, sendo elas as grandes protagonistas e vencedoras da mañana no primeiro título colectivo do ano. Algo quedou claro na xornada do domingo 7: na Copa Galega segue a haber unhas raíñas indiscutibles. Os 83 puntos permitiron unha cómoda victoria das mulleres contra un ADAS Proinor en crecemento (2º, 76pts) e a Sociedade Gimnástica

0
03 Ene 2018

Dobrete nas Combinadas por equipos e as últimas alegrías do 2017

A última fin de semana de probas do 2017 serviu para poñer o broche dourado a un gran ano e empezar coas expectativas moi altas para todos os nosos atletas este 2018. Ourense – de novo – foi a gran protagonista da fin de semana co dobre Campionato Galego de Combinadas por Clubes dos nosos equipos masculino e femenino. O conxunto no Pentathlon formado por Nediam Vargas (3.277) Eva Queimaño (3.205) Andrea Novoa (2.639) Cristina Estévez (2.114) Lara Fernández (2.362) e Lucía Dopico (2.353) conseguiu o 1º posto por diante do Franciscanos e o Riazor

0