
As competicións collen velocidade e unha despedida olímpica
A tempada de aire libre segue a súa aceleración. Chegada á metade do mes de abril, as probas convírtense nuha constante por toda a xeografía galega e cada vez son máis os nosos atletas que saen á pista os sábados e domingos. Isto foi o máis destacado desta última fin de semana:

Reconquistando da base á milla pola baía!
Primeiro fin de semana de abril -de novo marcado polas chuvias aínda que con bo tempo de forma intermitente- no que os nosos atletas metéronse no papel da Reconquista e decidiron saír a gañar nas distintas probas celebradas para a nosa Escola, nas combis ou en Ruta:

A previa 06/04: En abril, competicións mil
Abril chega cargado de choiva e de competicións. A tempada de aire libre da o seu pistoletazo definitivo con probas de case todas as disciplinas posibles. Este é o menú deste finde, marcado en Vigo tamén pola celebración da Reconquista.

Unha Pascua para recargar as pilas
Co fin da tempada de inverno iniciábase unha pequena etapa de transición para os nosos atletas, incluindo a Semana Santa. Estes dez días foron especialmente productivos para os nosos atletas máis novos, coincidindo coas vacacións escolares e puidendo adestrar máis. Isto foi o máis destacado da Pascua:

Peche de inverno inmellorable: Éxitos de cadete a veterán!
Winter is over, ó contrario que en Game of Thrones. A tempada de inverno chegou ó seu final cos distintos campionatos e criteriums celebrados dende o venres. Estes foron os resultados dos nosos atletas que serviron como broche da mesma: Os cadetes cumpriron en Sabadell durante o seu Campionato Nacional sub16 de Pista Cuberta. A atleta máis destacada foi a lanzadora e medallista nacional Antía Sestelo que desta vez tivo que conformarse coa medalla de chocolate no peso, mellorando así a posición e a súa marca persoal ata os 11’51. Erik

A previa 16/03: Os cadetes á conquista de Sabadell
Agora si, derradeiro capítulo da tempada de inverno 2018. Despois de 3 meses de campionatos, controis e marcas, a pista cuberta chega ó seu fin con boa parte dos nosos atletas pensando xa no aire libre. Este é o menú desta última fin de semana de competición baixo teito:

8 medallas para os cadetes no autonómico, cara e cruz para Olaia Becerril
Máximo rendemento e competitividade dos nosos atletas máis novos o pasado fin de semana. Últimas probas baixo teito na tempada de inverno na que os nosos atletas volveron a demostrar a súa mellora despois destes meses adestrando: 8 medallas para os nosos cadetes no Campionato de Galicia sub16 na despedida de Expourense nesta tempada. A expedición de 27 atletas célticos mellorou notablemente as súas marcas persoais no que foi o último autonómico e cita antes do seu nacional en Sabadell o vindeiro fin de semana. Erik Fernández foi

A previa 09/03: Recta final da Pista Cuberta!
En medio do temporal que trae Félix ás costas galegas imos xa pensando en que acabouse o de poder competir baixo teito, polo menos durante esta tempada. A pista cuberta vive o seu penúltimo fin de semana na que as categorías menores serán as principais protagonistas: Olaia Becerril será a nosa única representante no XLI Campionato de España Sub18 de Pista Cuberta a celebrar en Antequera. A internacional xuvenil aparece coa 5ª mellor marca (5’50) na lonxitude despois dunha complicada tempada de inverno. Lonxe dos seus

2 medallas de chocolate, homenaxe a Estanislao Durán e Fran Pérez a nivel mundial
5 campionatos de España e un mundial para comezar marzo e ir despedindo a temporada de inverno. Na fin de semana de estrea da nosa campaña de socios os célticos volveron a demostrar que están entre os mellores do atletismo nacional: Co foco posto no recinto de Expourense, as nosas júnior saltaban á pista do Campionato de España sub20 indoor buscando deixar ben á representación galega, aproveitando que xogaban en casa. Eva Queimaño viviu unha xornada maratoniana no sábado. Na súa participación no Pentatlon remataría nunha

A previa 02/03: Campionatos por todo o leste e Murcia
Comeza marzo e o ritmo de Campionatos de España intensifícase ante o inmimente final da pista cuberta. Despois dos grandísimos éxitos cos que rematamos febreiro, comezamos o mes con outros 3 nacionais baixo teito de disciplinas distintas: Ourense vivirá a súa posta de largo a nivel nacional XLIII Campionato de España sub20 de Pista Cuberta. No recinto de Expourense estarán presentes 3 atletas célticas: Eva Queimaño é a máis destacada con opcións de medalla no pentathlon (2ª mellor marca) e de posto de finalista na