ActualidadNoticias

Caras novas e despedidas nos homes para a nova tempada

Despois dun longo mes anunciando as renovacións e á nosa Estructura, chega un dos momentos máis esperados… e un dos máis duros.  Chega o momento de coñecer cales son os novos integrantes do Real Club Celta Atletismo masculino e qué atletas deixarán de defender a celeste.

Nas altas o clube refórzase por sectores estratéxicamente, combinando atletas moi novos e outros que xa contrastaron a súa calidade:

  • David Martínez González: Este madrileño chega do Intec-Zoiti para reforzar á altura cunha mellor marca de 1’96m. Subcampión absoluto de Madrid, xa ten experiencia nas Ligas de 1ª División enfrentándose a nós no cuadrangular de Gijón do maio.

    David Martínez volverá pelexar polo ascenso pero esta vez co Celta Atletismo

  • Marcos Rosende Pérez: O fondista estradense chega do Lucus para seguir medrando cos 19 anos recén cumpridos. Con 4:03 no 1500m e 8:51 no 3000m aspira a debutar nas Ligas.

    Marcos Rosende demostrará a súa afouteza como bo fondeiro céltico

  • Johan Sebastian Cediel: O velocista lucense volve a un clube galego despois da súa aventura no At. San Sebastián. Os seus 51’90s no 400 sitúano como un dos atletas máis interesantes para a velocidade e relevos este ano nas Ligas.

    Johan forma con Paula Ferreiros unha das parellas máis rápidas e recoñecibles do atletismo galego.

  • Brais González Pacheco: Dende a SGP chega este medio-fondista de categoría junior, que aspira a mellorar os seus 1:59:26 nos 800m.

Nas baixas xúntanse incompatibilidades laborais, estudantís e novos proxectos deportivos.

  • Kevin Barcia: 2º de Bacherelato é un ano moi complicado para calqueira estudante e Kevin decidiu centrarse. O noso velocista cubano será baixa esta tempada despois de 3 anos ás ordes de Alberto Salgado.

    O sorriso habitual e a actitude de Kevin nas pistas vai ser unha das cousas que máis botemos en falta esta tempada.

  • Pablo Vicente: O fondista abandona a disciplina céltica despois de defender o noso escudo nas Ligas para seguir competindo vencellado ao ADAS Proinor de O Barco.
  • Diego Muñiz: O velocista canario adestrado por Virgilio despídese do Celta Atletismo despois de gañarse o respeto e cariño dende a súa chegada a Vigo.

    Diego (esquerda) era un habitual gañador nas Series Municipais e unha das caras máis recoñecibles das pistas.

  • Completan a lista de despedidas históricos como Manu Angueira, Mikel Anakabe ou Osiris, así como Paulino Folgar Héctor Fernández, Alfonso Zamuz, Denís Mariño, César González e Artai López.

Dende o Clube queremos agradecer primeiro a confianza en nós tanto a aqueles que marchan durante estes anos como ás novas caras. En segundo lugar, desexar a mellor das sortes a todos eles: ós que chegan para poder seguir facendo grande este clube e ós que marchan porque merecen o mellor despois do seu paso por esta familia.

¡Vémonos nas pistas!

Anterior post

¡Os nosos Sectores, a nosa Estructura!

Siguiente post

Femenino Celta 17/18: As altas e baixas para pelexar o Ascenso