ActualidadNoticias

As Juniors estelares en Lugo. Campionas Galegas.

Comezamos a semana cunha sonrisa de orella a orella, gracias os resultados dos nosos canteiráns e os nosos universitarios durante o pasado fin de semana.

Os cadetes foron a sorpresa da xornada.

No complexo universtario de Lugo, tivo lugar o Campionato de Galicia de Clusbs Cadete – Juvenil – Junior en pista o aire libre, onde presentemos presentamos tres equipos e apañamos outras tantas medallas. O equipo cadete masculino do R.C. Celta logrou un valiosísimo terceiro lugar na competición cadete por detrás da S.G. Pontevedra e o Lucus Caixa Rural, primeiro e segundo respectivamente. A gran actuación dos nosos, fundamentouse nunha gran regularidade (7 postos de podium) e as victorias de David García en martelo (34.05m) e disco (33.34m) e Rodrigo Rey no salto de lonxitude (5.59m). Os célticos foron a sorpresa do día, adiantando pola dereita a outros equipos favoritos.

Os Juniors de bronce.

Seguindo co homes, o R.C. Celta Juvenil – Junior, tamén estivo loitando toda a xornada pola victoria, ainda que finalmente tivo que conformarse ca medalla de bronce, por detrás do C.A. Santiago (ouro) e o Lucus Caixa Rural (prata). Por parte dos nosos juniors, só Nicolás García logrou a victoria no lanzamento de disco (43.47m), o resto do colectivo apañou outros oito postos de podium fundamentais no resultado final. Este ano cambiamos a prata do ano pasado polo bronce.

As Juniors de ouro, estelares. Campionas Galegas. 

Pero sen dúbida o gran protagonista foi o equipo Juvenil – Junior do C.A. Femenino Celta, Campión Galego de Clubs. As nosas foron as claras dominadoras da competición por diante do Ria de Ferrol e a S.G. Pontevedra. Sete victorias parciais, Ruth Carrera nos 800m (2:24.12s), Laura Santos nos 1500m (10:46.11s), Eva Queimaño (1.59m), Olaia Becerril en lonxitude (5.11m), Mar Pérez en peso (9.99m), Patricia Correa en martelo (39.43m) e o relevo 4x400m (4:16.64s) e un total de seis podiums máis, fixeron que as nosas non tiveran rival e proclamáranse Campionas Galegas. Parabéns a nosa canteira, ano tras ano continuamos tendo grandes colleitas de atletas, o futuro e voso.

Pedro Juncal, Laura Chapela e Miguel Cajaraville en Cartagena.

Deixando Lugo e volvendo a mirada cara a Murcia. Tres atletas célticos desplazáronse ata Cartagena para desputar coas súas Universidades o Campionato de España Universitario. E tres de tres. Tres inscritos e tres postos de finalistas. Miguel Cajaraville (U. Vigo) foi 4º no salto con pértega (4.50m), Laura Chapela (U. A Coruña) 7ª nos 200m (26.50s) e Pedro Juncal (U. Vigo) 7º nos 400m (50.24s) rozaron a Matrícula de Honra, tendo unha actuación sobresainte que lles da forzas para os próximos compromisos individuais e colectivos.

Pois sí, comenzamos a semana contentos de verdade. Felices de ser célticos e canteiráns.

Anterior post

Confiamos na nosa #Canteira.

Siguiente post

Requejo y Chema Martínez vencedores de la Wing for Life en Valencia.