ActualidadNacional

As célticas titánicas. Os homes a pola remontada.

Hoxe martes, despois de celebrar o primeiro de maio e descansar como bos traballadores, faremos un repaso do máis destacado que nos deixa a primeira xornada de “La Liga Atletismo 2017”.

Titánicas é o seu nome. 

Escomenzamos co acontecido en Cartagena (Murcia), onde o C.A. Femenino Celta competía contra o equipo local do U.C.A.M, as malagueñas do Cueva de Nerja e as levantinas do C.A. Torrent. Os pronósticos non eran moi favorables, xa que tras unha viaxe eterna e un sinfín de baixas (nove primeiras espadas), todo facía indicar que as nosas estararían loitando por non perder a terceira posición do encontro. Pero… nada máis lonxe da realidade. Nunha auténtica demostración de forza, ambición e superación, as nosas guerreiras, comandadas pola súa presidenta Paula Mariño, alcanzaron un segundo posto maravilloso que lles da moitas opcións de entrar na Final de Ascenso a División de Honra (1º Cueva de Nerja, 247 puntos; 2º C.A. Femenino Celta, 153 puntos; 3º U.C.A.M, 150 puntos; 4º C.A. Torrent, 134 puntos).

Raquel Meaños (A. Mazí), non tivo rival nos 800m.

A nivel individual destacamos as victorias de Nediam Vargas nos 100m (11.73s) e 200m (24.08s) e Raquel Meaños, do noso Asociado Atletismo Mazí; nos 800m (2:16.64s). Ademáis, acadáronse valiosos puntos nas actuacións de Raquel Villa (Atletismo Vila de Cangas), segunda no lanzamento de peso (11.74m) e Patricia Correa, tamén segunda no lanzamento de martelo (41.15m), xusto por diante de Noelia Ferradanes (37.60m). Uns valiosos puntos, que se sumaban a outros dez terceiros postos e a afouteza de atletas como Isabelle Dege, nos 3000m obstáculos, Emma Valencia dobrando 100mv e 400mv ou Clara Román, outra cadete da Escola Celta Atletismo debutando nos 3000m, que tamén axudaron a sumar os 153 puntos finais das célticas. Sen dúbidas, estiveron titánicas.

A expedición céltica antes de partir ata Madrid. Foto: Flor Currás. 

Pola súa banda, o R.C. Celta Atletismo tivo unha viaxe máis cómoda pero un encontro tamén moi duro. Competiron contra os locais do Atletismo Alcorcón, o Perceiana de Extremadura e os tamén madrileños do A. A. Moratalaz. Como se preveía, foi un enconcontro moi igualado que se decidiu no último tercio do programa de probas, onde os nosos perderon un pouco de gas, sendo finalmente tereceiros. Un posto que lles complica moito as súas pretensións de clasificarse para a Final de Ascenso á máxima categoría (1º Alcorcón, 200 puntos; 2º Perceiana, 174 puntos ; 3º R.C. Celta, 167 puntos; 4º A. A. Moratalaz, 130 puntos). 

Alberto Davila debutaba na Liga Nacional coa celeste.

Individualmente os nosos tiveron moi boas actuacións, como as victorias de Ignacio Fernández no lanzamento de martelo (56,47m); Miguel Cajaraville no salto con pértega (4.30m); Fernando Paredes no peso (14.25m); Adolfo Sainz-Maza nos 110mv (17.03s); Gonzalo Basconcelo nos 3.000m obstáculos (9:30.12s). Máis os segundos postos de José Fernández nos 5km marcha (23:04.36s); Fernando Rábade en lonxitude (6.70m); Alberto Davila nos 400mv (55.92s); Martín Liste no disco (39.17m); Adolfo Sainz-Maza na altura (1.80m) e o cuarteto do 4x400m (3:26.28s), ainda que non foron suficientes para lograr o segundo posto do cuadrangular. Sendo realistas, nesta ocasión os rivais foron mellores. Sen buscar escusas, o terceiro posto foi o que mereceron os célticos no tartán de Santo Domingo. Agora so queda traballar para buscar a remontada na segunda xornada.

¡Lume!

Anterior post

Volve a Liga Nacional, comezan os novos desafíos.

Siguiente post

Confiamos na nosa #Canteira.