ActualidadNoticias

Amunt!

Estamos chegando aos últimos coletazos da pista cuberta, pero ainda quedan grandes competicións para nós, como o nacional Junior e algunha sorpresa máis.

Esta fin de semana vaise disputar no Palau Velòdrom Lluís Puig de Valencia o Campionato de España Junior de Pista Cuberta, e ata a cidade do Turia foron tres dos nosos mellores Junior. Andrea Pais no 200, Elvira Okutu na lonxitude e Luis Del Río no 800 son os atletas que nos representarán, buscando codearse cos mellores especialistas Junior a nivel nacional.

Luis del Río, Andrea Pais e Elvira Okutu embaixadores célticos en Valencia.

Cambiando de latitudes, na illa de El Hierro terá lugar o LXXXVI Campionato de España de Marcha en Ruta por Federacións, para o que o noso marchador Brais Prieto foi seleccionado co combinado de Galicia.

Eva Queimaño e David Gómez estrean internacionalidade.

Xa máis preto, na veciña vila portuguesa de Pombal, poderemos desfrutar da primeira internacionalidade da nosa pentathleta Eva Queimaño, que se estrea coa elástica vermella no Trofeo Ibérico Xuvenil de Probas Combinadas. Tamén brillará o celeste no apartado técnico, onde o olímpico David Gómez, fará valer a súa dilatada experiencia.
Moita sorte para todos os célticos en liza. De seguro que este luns traerémosvos boas novas.
Anterior post

Disfraces, cocido, orejas y triunfos célticos.

Siguiente post

Alegrías en Pombal, Valencia e El Hierro.