ActualidadNoticias

Algún día serán Célticos de División de Honra.

Martiño Salgado liderando os 500m Benxamín.

O mesmo fin de semana no que os maiores se xogaban o seu futuro na Primeira División da Liga Nacional, os nosos pequenos da Escola Celta Atletismo remataban a temporada coa disputa do Campionato de Galicia en Categorías Menores.

Un total de 27 célticos tomaron parte no Autonómico celebredo en Vigo. Nun fantástico día de sol, boa organización e calor nas bancadas os nosos pequenos firmaron de novo unha grandiosa actuación; os pupilos de Francisco Rodríguez, Sara Portabales e Manuel Martínez subiron 10 veces o podium:

· Ouros (2): Martiño Salgado (500m Benxamín) e Pedro Vázquez (1000m Infantil).

· Pratas (5): Martín Barcia (80m e triple salto Infantil), Aldara Cornes (500m Infantil), Daniel Crespo (220mv Infantil) e Samuel Freiría (disco Infantil).

· Bronces (3): Aldara Cornes (80m Infantil), Biruk González (1000m obstáculos Infantil) e Pedro Vázquez (220mv Infantil).

Aldara Cornes, doble medallista Infantil.

Dez metais que foron acompañados duns moi bos resultados no resto de participacións dos membros da Escola:

Lucas Rodríguez (4º, 80m e 5º, 150m Infantil), Carlota Salgado (4ª, 220mv e 5ª, salto de lonxitude Infantil), Helena Bello (4ª, salto de longitud e 5ª, lanzamento de peso Benxamín), Ariadna Moreiras (5ª , salto de altura Infantil), Biruk González (5º, 220mv Infantil), Daniel Crespo (6º, 500m Infantil), Candela Domínguez (6ª, 80mv e 13ª, disco Infantil), Mario Abalde (6º, 80mv e 7º, salto de lonxitude Infantil), Xaido Nimo (6º, lanzamento de jabalina Alevín), Martiño Salgado (7º, salto de lonxitude Benxamín), Manuel García (7º, salto con pértega Infantil), Samuel Freiría (8º, lanzamento de peso Infantil), Pablo Martínez – Sayanes (9º, 150m e 11º, 80m Infantil), Laura Souto (11ª, lanzamento de jabalina Alevín), Alba Vázquez (12ª, 200mv Infantil), Marta Santamaría (14ª, lanzamento de jabalina Alevín), Alberto Fernández (14º, lanzamento de jabalina Alevín) e Alexandra Lence (15ª, lanzamento de jabalina Alevín).

Biruk “Kemboi”.

Non podemos esquecernos de dous dos “heroes” do Campionato. Por un lado, Juan Núñez que caeu nos 500m Infantil cando pelexaba por estar na “pomada” e por outro o noso pequeno Biruk “Kemboi”, que tras unha dura caida nos 1000m obstáculos, con fractura de clavícula incluída, non só tivo forzas para rematar a proba senón que puido alcanzar o grupo de cabeza e asaltar a medalla de bronce. Sinxelamente incrible.

Con todo só podemos felicitar a tódolos membros da Escola Celta Atletismo por outro ano sobresaínte. Os bos resultados e os metais gustan a todos, pero o que máis nos gusta e seguir vendo crecer e progresar os nosos pequenos. Os futuros célticos de División de Honra.

Anterior post

Unha xornada Final de infarto. O C.A.F. Celta e o R.C.Celta seguen sendo de Primeira.

Siguiente post

Célticos no Hemisferio Norte e no Hemisferio Sur.