ActualidadNoticias

Alegrías en Pombal, Valencia e El Hierro.

Os nosos no Lluis Puig de Valencia.

Gran fin de semana o que vivimos estes días; os nosos atletas en categoría Junior e Xuvenil volven demostrar que a paixón e a fiabilidade son os máximos expoñentes do Atletismo Celta.
Comezamos coas actuacións dos Junior desprazados a Valencia para a disputa do Campionato de España Junior de Pista Cuberta. A primeira en pisar o tartán foi Andrea Pais nas eliminatorias do 200m, que despois de correr tres carreiras, conseguiu MMT con 25.91s e un valioso 8º posto na súa estrea na categoría. O seguinte en tomar parte foi Luis Del Río no 800, que, a pesares de ser o seu primeiro nacional, estivo na pelexa polo pase á final e, ademáis, moi preto da súa marca persoal. A última atleta en liza foi Elvira Okutu na lonxitude, que cun mellor salto de 5.36m, conseguiu a 7ª posición, rematando así o que para nós foi un moi notable campionato.

Brais Prieto segue crecendo pasiño a pasiño.

Cambiando de terzo, na illa de El Hierro tiñamos a Brais Prieto competindo no Campionato de España Junior por Federacións, que, unha vez máis, volveuse colocar entre os mellores especialistas nacionais de marcha. Nunha carreira sobre 10k acabou sendo 5º Junior e 12º na clasificación conxunta, axundando á Seleccion Galega a acadar o bronce na clasificación por equipos.
Para rematar, queremos dar a noraboa a Eva Queimaño e ao seu míster David Gómez, xa que se estrearon coa “Roja”(David en calidade de adestrador) no Trofeo Ibérico Xuvenil de Probas Combinadas en Pombal. A estrea non puido ser mellor para os nosos célticos; Eva conseguiu ser 4ª a tan só 9 puntos do bronce, facendo MMP na combinada con 3445 puntos, no peso con 10.27m e na altura con 1.63m. Non podemos estar máis contentos deste sector que tantas alegrías nos está a dar últimamente.
Encántanos que sexa luns, porque sempre nos traen boas novas.

Eva Queimaño debutou coa “Roja”.

Anterior post

Amunt!

Siguiente post

Epílogo invernal.