ActualidadNoticias

Adolfo Sáinz – Plata, volve a estar entre os mellores.

Adolfo Sáinz – Maza volveu a élite nacional.

De novo luns, parece que onte foi venres. Para amenizarvos o comezo de semana, e como o prometido e débeda, traémosvos moi boas novas deste axetreado fin de semana atlético. Dende Récords Galegos ata medallas nacionais, foron as protagonistas desta nosa xornada competitiva.

Comezamos por Madrid, onde como ben sabedes, disputouse o Campionato de España Promesa de Pista Cuberta, de onde a nosa expedición céltica voltou cargada de boas sensacións e grandes novas. O noso abanderado foi Adolfo Sáinz-Maza, que como bo combinero, pelexou cada proba do heptathlon durante o campionato para finalmente ser Subcampión de España con 4.865 puntos. Dende o comezo da competición destacouse entre os tres primeiros, sendo primeiro no peso e na pértiga, e segundo no 60mv. Outro gran campionato foi o de Miguel Cajaraville, que obtivo posto de finalista, sendo 5º en pértiga cunha altura de 4.55m e que a piques de rebasar os 4.70m que lle darían o bronce. Pero non foron estas as únicas boas actuacións, xa que Laura Chapela quedou ás portas da final do 200m, e millorando a súa MMP con 25″66, tamén millorou marca Fernando Rábade en lonxitude, cun millor salto de 6.73m que lle valeu para ser 9º, posto que repetiría Celia Pérez nos 3000m, nunha das probas con máis nivel de todo o campionato. Pedro Juncal non puido clasificarse para as semifináis dos 400m é, por un fallo na cronometraxe, non acreditou marca. En líneas xerais, moi satisfeitos do traballo dos nosos Promesas e os seus adestradores.

Podium de Honor do Pentathlon Veterano.

Cambiando de tercio e máis preto da casa, concretamente en Pontevedra, disputávase o Campionato de Galicia de Lanzamentos de Inverno Cadete e Xuvenil. No CGTD de Pontevedra tivemos unha ampla representación de pequenos lanzadores que nos trouxeron moi bos resultados, os máis destacados da xornada foron Antía Sestelo que foi primeira Cadete en xabalina con 33.59m, 1ª en disco con 29.67m e 3ª en martelo con 34.81m; David García, 1º en martelo Cadete con 37.77m e 3º en disco con 31.04m; Patricia Correa sendo 2ª Xuvenil en martelo con 44.76m; Mar Pérez que foi 1ª en disco Xuvenil con 33.49m; Pablo Gayo 2º en martelo Xuvenil con 46.28m; e por último Nicolás García, que venceu olgadamente no disco Xuvenil cun millor lanzamento de 49.48m, que o colocan 4º no Ránking Nacional Xuvenil. Conxuntamente disputouse o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos de Pentathlon Veterano. Tamén neste eido tiveron grandes actuacións os nosos, onde os grandes protagonistas foron; Nacho Fernández vencendo na categoría M-35 con Récord Galego , cun total de 2.856 puntos, destacando no martelo cunha marca de 57.53m que significa Récord Autonómico de martelo M-35; e María José Sanromán que foi 1ª en W-45 cunha puntuación total de 2.759 puntos e moi cerca do Récord Nacional.

No terceiro campionato da fin de semana celebrado na Pobra, destacar a boa actuación de Brais Prieto no Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, onde subiu o pódium Absoluto sendo bronce e conseguir a victoria en categoría junior.
Xa para rematar, en San Miguel de Oia, a nosa Escola Celta participou no Campionato Provincial Xogade de Campo a Través (XL Trofeo de Campo a Través de San Miguel), acadando uns meritorios resultados. No plano individual destacamos as victorias de Pedro Vázquez (Infantil) e Martiño Salgado (Benxamín) máis o 3º posto de Samuel Besteiro (Pre-benxamín). Ademáis, Pedro Vázquez, Hugo Suárez (Cadete) e Alenjandra Prieto (Alevín) lograron a clasificación para o Campionato de Galicia da especialidade. No plano colectivo, os equipos Cadete Maculino e Benxamín Masculino quedáronse as portas do podium e lograr clasificación por equipos para o Galego.
Cada fin de semana é unha gozada ver os éxitos dos nosos.

Martiño Salgado venceu no Provincial Xogade.

Anterior post

Seis célticos camiño de Gallur.

Siguiente post

"II Trofeo de Entroido en pista Celta Atletismo".