ActualidadNoticias

Adolfo Sáinz-Maza cólgase o Bronce en Torrent.

Voltamos dunha fin de semana que nos deixou grandes actuacións dos nosos célticos, repartidas ao longo da xeografía ibérica. Ávila, Murcia e Torrent foron escenario do bo facer dos nosos.

Olaia Becerril, Raquel Meaños e Nicolás García coa “Rojita”.

Facemos unha primeira parada en Ávila, coa disputa da Copa Ibérica Juvenil, onde Olaia Becerril estreaba a elástica “Roja” da mellor maneira, vencendo na lonxitude cun salto de 5.66m. Tamén tivo un bo bautismo coa Selección Nicolás García, xa que acadou terceiro posto no disco cun mellor lanzamento de 48.45m.

Adolfo Sáinz-Maza consegue unha nova medalla Nacional.

Xa mirando aos nosos Sub-23 desprazados ao Nacional Promesa en Torrent, temos que destacar a Adolfo Sáinz-Maza que conseguiu unha medalla de bronce en Decathlón, segunda presea nun nacional este ano que o consolida entre os mellores. A maiores desta medalla, Pedro Juncal conseguiu meterse na final do 400m primeiro, para despois entrar nun gran 5º posto. Por último, Celia Pérez non conseguiu meterse para a final do 1.500m, a pesares dunha boa carreira, e Miguel Cajaraville en pértega tívose que conformar con rebasar o listón en 4.31m, non podendo coa seguinte altura de 4.51m.

Os nosos cadetes en Murcia.

Outro Nacional a disputar foi o Cadete en Murcia, onde a actuación máis destacada foi a de David García, que rematou 5º no lanzamneto de martelo cun mellor lanzamento de 49.09m, acadando tamén mellor marca persoal. No mesmo concurso participou Eric Méndez coa mala fortuna de facer tres nulos e non poder pasar á mellora. Para rematar, Antía Sestelo conseguía ser 8ª na xabalina cun lanzamento de 33.23m (non puidendo facer ningún lanzamento válido no martelo).
Como colofón, do Gran Premio Cidade de Vigo viñeron grandes marcas; as máis destacables as do grupo de Manuel Martínez Ageitos, primeiro con Gonzalo Basconcelo no 800 con 1:51.40s e Alice Finot no 1.500m, que parou o crono en 4:33.38s, o que lle dá billete para o Nacional Absoluto.
Os nosos seguen rendindo a un gran nivel cada fin de semana. ¡Parabéns!
Anterior post

Olaia Becerril e Nicolás García chamados pola "Rojita".

Siguiente post

Turno para os Juniors en Granollers.