ActualidadNoticias

A previa 29/12: ¡A pola última do ano!

Últimas probas dun ano 2017 que deu para moito, pero que sirven aínda como prólogo desta tempada que acaba de comenzar:

  • Hoxe venres en Lugo acudían ó I Control de Marcas Lucus Caixa Rural do ano os atletas locais Alicia Merino destacando no 60m e a altura ou Adolfo Sainz na pértega.
  • Ourense volverá a ser a gran protagonista do fin de semana. No Galego de Combinadas por equipos estaremos represantados por Adolfo Sainz-Maza, Fran Pérez, Jose Manuel Bello e polas mulleres Nediam Vargas, Karolina Puchmertlova, Andrea Novoa, Lara Fernández, Eva Queimaño, Lucía Dopico e Cristina Estévez. Por outra parte, no Control de Marcas que finalmente organizarán os clubes locais destacar a participación de Gonzalo Bascelo (1500), Marcos Rosende (1500), Alberto Elena (lonxitude) Andrea Pais (200), Raquel Arias (200), Alice Finot (1500), Emma Valencia (60mv) e Bea Viteri (pértega).

A local Emma Valencia e Eva Queimaño serán unhas das protagonistas do sábado.

 

  • Para despedir o ano os nosos atletas volverán acudir á San Silvestre disfrazados como é tradición, nunha proba na que prima o carácter festivo-popular sobre o competitivo na tarde do domingo 31.

Derradeiras horas do 2017 e oportunidades antes do Galego Absoluto Indoor e a Copa de Clubes en Pista Cuberta.

¡Sorte a todos e feliz 2018!

Anterior post

Os debemos una explicación. 2º comunicado sobre Expourense.

Siguiente post

Dobrete nas Combinadas por equipos e as últimas alegrías do 2017