ActualidadNoticias

A Previa 24/11: Nediam de Ouro e Galego de Marcha de Inverno

Co comezo da temporada o pasado día 1 inauguramos o carrusel de competicións cada fin de semana. Hoxe, como cada venres, facemos a nosa previa particular resumindo o menú que nos espera ou as novas máis destacadas dende o luns:

Nediam feliz co seu ouro e os seus compañeiros da “Vinotinto”.

  • Dende Santa Marta (Colombia) a nosa velocista Nediam Vargas conseguiu o ouro nos Juegos Bolivarianos coa selección venezolana no relevo 4×100. A ansiada medalla chegou despois dun Campionato en progresión. Despois dun 7º posto no hectómetro, conseguiu un 5º nos 200m para rematar onte cumprindo o seu obxectivo de subir ao podium.
  • En Lugo celébrase o primeiro Campionato Galego da tempada, o de Marcha de Inverno. A nosa fichaxe Iria Rivas – que disputou a finde pasada a Espada Toledana– ou Brais Prieto. Os nosos marchadores serán pois os primeiros célticos en poder demostrar o seu estado de forma en competición oficial.
  • Vigo acollerá un ano máis o Memorial Belarmino Alonso. Malia non formar parte do calendario FGA, nesta emblemática proba organizada polo Comesaña SC participarán os atletas das nosas categorías inferiores, ademáis de dúas das nosas mellores medio fondistas, a pontevedresa Lucía Cardesín e Laura Santos.
  • E no madrileño Polideportivo de Gallur, a nosa fichaxe en saltos verticais David Martínez debutará tamén na xornada de Saltos – Lanzamentos.

Primeira toma de contacto seria coa pista para os nosos atletas con varias medallas en xogo. ¡O luns coñeceremos os resultados!

Anterior post

Ilustres

Siguiente post

Dobrete na Marcha e éxito da Escola no Belarmino