ActualidadeAs previasNoticias

A previa 15/12: ¡Estreamos pista cuberta!

Novo fin de semana de competicións para os nosos atletas:

  • Ourense: Ración dobre nunha data histórica para o atletismo galego, a inauguración da nova Pista Cuberta de Expourense. A xornada comezará coa Fase Final da Liga ABANCA de Categorías Menores; coa participación dos nosos equipos sub-12 en rapaces e rapazas. Pola tarde, chegará o prato forte da xornada co Trofeo Inaugural onde atletas como Pedro Juncal (400m), Gonzalo Basconcelo (1500m), Francisco Rodríguez, Celia Pérez, Alice Finot e Marcos Rosende (3000m), Eva Queimaño e Emma Valencia (60mv), Eva Queimaño (altura), Miguel Cajaraville, Bea Viteri e Adolfo Sainz (pértega), Fernando Rábade e Alberto Elena (lonxitude), Noel Vega e Karolina Puchmertlova (peso) serán os nosos atletas máis destacados nas programas deste programa histórico.

Xornada inaugural na primeira pista cuberta homologada da historia de Galicia.

  • Vigo: Na XVII Edición do Memorial Andrés Abanqueiro tomarán partido unha veintena de atletas da Escola Celta Atletismo, nesta proba organizada pola Agrupación Viguesa de Atletismo que lembra ó que fora atleta e directivo do clube.

Imaxe dun xovencísimo Andrés Abanqueiro coa camiseta do AVA.

  • Getafe: Novo Campionato de España de Marcha, agora para os nosos atletas Máster. Ata a cidade madrileña desprázanse Jose Fernández Nieves e a nosa fichaxe Yolanda Abellán. Desexámoslles un éxito semellante ao de Iria Rivas e Brais Prieto en terras andaluzas o pasado domingo.

Debuts, inauguracións e unha dos crosses máis importantes de Vigo para esta fin de semana de decembro. O luns coñeceremos os resultados. ¡Sorte atletas!

Anterior post

Iria Rivas ouro en Guadix e temporal de mínimas en Vila Nova

Siguiente post

7 mínimas para estrear a pista cuberta en Ourense