ActualidadeAs previasNoticias

A previa 05/01: A pola Copa!

Coa entrada do 2018 o calendario atlético intensifícase en cantidade e calidade das probas, especialmente coa chegada da primeira gran competición de clubes da tempada.

  • O recinto de ExpoOurense acolllerá o día 7 a Copa Galega de Clubes en Pista Cuberta onde os homes buscarán mellorar o 2º posto do ano pasado e as mulleres repetir no alto do podio para aspirar a ó doblete. Na convocatoria de 25 atletas en total están os campións galegos e primeiras espadas Nediam Vargas, Miguel Cajaraville, Bea Viteri, Gonzalo Basconcelo ou a reaparición despois de superar as lesións dos últimos anos de Iván Rodríguez. Un equipo con moito nivel, combinando veteráns como Miguel Gómez e talentos máis novos como Olaia Becerril que na mañán do domingo pelexará polo primeiro título de anos.

    Por estas 13 célticas pasa o título en Ourense e as opcións de ascenso en maio!

    Os 12 célticos a pelexar por recuperar o trono galego

  • Paralelamente en Vigo volven as tradicionais Seres Municipais patrocinadas polo Concello de Vigo. As dúas primeiras xornadas disputaránse o domingo 7 e o domingo 21 deste mes.
  • Hoxe rematou a Concentración Galega de Marcha en Pontevedra á que acudiron Brais Prieto Iria Rivas. Estas xornadas serviron como preparación para o Campionato de España de Ruta por Federacións de Burjassot e contaron coa participación de atletas como o atleta olímpico e récordman céltico na marcha Santi Pérez.

    A nosa parella de marchadores inaugurando o 2018 na concentración

Por último, permanecede atentos mañán día 6 ás redes sociais do clube ante un posible agasallo dos Reis Magos para todos. Boa sorte!

Anterior post

Dobrete nas Combinadas por equipos e as últimas alegrías do 2017

Siguiente post

O Femenino segue reinando na Copa, os homes repiten prata!