ActualidadNoticias

¡A pola remontada!

Esta fin de semana volve La Liga Atletismo de Primera División, na que R.C.Celta Atletismo e o C.A.Femenino Celta buscarán estar entre oito mellores Clubs que loiten pola Final de Ascenso.

A priori, as mulleres parten con maiores opcións para lograr o obxetivo. Despois de rematar segundas en Cartagena e ser oitavas na clasificación xeral, o C.A. Femenino Celta viaxa a Valladolid para enfrentarse ás locais da Universidade de León – Sprint Atletismo, os Hinaco Monzón e o C.E.A. Tenerife 1984. As locais parten como favoritas, ainda que as nosas presentan un mellor equipo respecto da primeira xornada. Nomes como Nediam Vargas (100m – 200m), Raquel Meaños (A. Mazí, 800m), Emma Valencia (100mv – 400mv), Olaia Becerril (100m – 4x100m), Elvira Okutu (200m – lonxitude) e Karolina Puchmertlova (lonxitude – peso) repiten convocatoria; no seu caso Celia Pérez (3000m), Laura Rosende (400m), Laura Santos (1500m – 4x400m), Alice Finot (3000m obst. – 4x400m) e Eva Queimaño debutan esta temporada en La Liga. Un equipo de garantías que aspira a estar outro ano máis na Final de Ascenso.

Nediam Vargas, doblará de novo nos 100m e 200m.

Pola súa banda o R.C. Celta Atletismo, tense que agarrar a heróica e intentar a remontada para estar na Final de Ascenso do vindeiro 10 de xuño. Os homes parten na 10ª posición do clasificación de Primeira, despois da primeira xornada, polo que deberán gañar o encontro ou ser segundos, para non ter que depender dos resultados dos outros tres cuadrangulares. Viaxan a Oviedo, onde nas Pistas de Atletismo de Las Mestas batiranse contra os anfitrións da Universidade de Oviedo, Atletismo Intec – Zoiti (Huesca) e Correr El Garbi (Gandía). Os ovetenses son líderes destacados e son claros favoritos o ascenso. Os nosos repiten practicamente respecto á de Alcorcón, saindo do equipo Kevin Barcia e Iván Carnero por lesión, ademáis de Xián Rodríguez e Pablo Vicente. Pola súa banda nomes como El Medhi (San Paio, 3000m), Jose Villar (3000m obst.), Antón Cerecedo (4x100m) e Adrián Fernández (4x100m) súmanse á convocatoria, novos talentos que terán a oportunidad de facerse un sitio no equipo e demostrar a súa calidade.

Gonzalo Basconcelo = Afouteza. Fará 1500m e 3000m obstáculos en Gijón.

Non será sinxelo, nunca o dixemos, pero confiamos nos nosos. ¡A pola remontada!.

Anterior post

"XI Trofeo Alfonso Posada". Sempre agradecidos.

Siguiente post

Felicidade e decepción a partes iguais en La Liga Atletismo.