ActualidadNoticias

A Coruña, Ferrol e Salamanca citas célticas da fin de semana.

Comenzamos un fin de semana onde teremos varias frontes abertas. A Coruña, Ferrol e Salamanca serán as cidades que os nosos visitarán nos próximos días.

En A Coruña na mañá do sábado, paralelamente á celebración XXXI GP Cantones de Marcha, terá lugar o Trofeo Josefina Romero de Marcha onde Brais Prieto e Gabriela Míguez serán os marchadores célticos.

Nediam Vargas estará no GP de Salamanca.

Tamén o sábado en Salamanca Nediam Vargas, unha das nosas atletas máis destacadas, tomará parte no XX Trofeo Internacional de Salamanca – Memorial Carlos Gil Pérez. Nediam buscará as súas mellores MMP tanto nos 100 como 200m entre as mellores velocistas de España, Portugal e outras atletas internacionais.

Os cadetes e Juveniles estarán no Galego da súa categoría.

Finalmente, na cidade departamental os nosos Cadetes e Juveniles competirán no seu Campionato Galego en pista o aire libre. A expedición céltica será de 25 atletas, entre os que destacamos a presencia de moitos dos atletas que xa participaron nas xornadas de La Liga Atletismo da RFEA. Olaia Becerril, Uxía Paz, Jimena Domínguez, Ana Juncal, Patricia Correa, Lara Fernández, Antón Cerecedo, Nicolás García, David García, Pablo Gayo e Nicolás Arias serán os nomes a seguir nun campionato onde os nosos intentarán ser protagonistas.

¡Moita sorte a todos!

Anterior post

Os célticos homenaxean na pista a Alfonso Posada.

Siguiente post

O futuro e voso.