ActualidadNoticias

7 mínimas para estrear a pista cuberta en Ourense

Grandes marcas, mínimas nacionais e un subcampionato de España de marcha en M35. Os nosos seguen sendo noticia polas súas actuacións nesta fin de semana de decembro.

A inauguración da flamante Pista Cuberta de Expourense pode resumirse na frase do noso Presidente, Jose Ángel Serantes: “No me puedo creer que esté en una pista así sin tener que recorrer 1000km”. E as marcas estiveron á altura da instalación:

  • Gonzalo Basconcelo lograba uns espectaculares 3:50:02 (MMP) nos 1500m para estas alturas, que lle acreditaban como mellor atleta masculino do Trofeo Inaugural. A marca ademáis sírvelle como mínima para o Campionato de España Absoluto de Pista Cuberta a celebrar en Valencia o 17 e 18 de febreiro.

    Gonzalo acompañado das autoridades e Leti Fernández no podio do Trofeo Inaugural

  • Eva Queimaño facía dobrete con sendas mínimas nos 60mv (9’17s) e altura (1’60m) e Andrea Pais rompía o crono cos seus 57’90s (MMP) no 400m. Estas dous últimas marcas válenlles tamén para o Campionato de España sub20 que se celebrará en Murcia no verán. Á súa vez, Lucía Cardesín tamén conseguía a mínima para o mesmo campionato pero baixo teito que volverá a Ourense o 3 e 4 de marzo.

    Eva foi protagonista na altura, nas vallas, no peso… ¡a combinera segue en estado de gracia!

  • Pedro Juncal voaba impoñéndose nos 400m con 49’55s, billete para o Campionato de España sub23 indoor de Salamanca.
  • O sub16 Pedro Vázquez conseguía a mínima para o seu nacional indoor de Sabadell. Os 2:47:49 nos 1000m deste atleta auguran un bo futuro tendo en conta o seu debut na categoría.
  • Destacar tamén a actuación de Miguel Cajaraville e os seus 4’61m na pértega, unha grandísima marca para estas alturas do ano.

    Miguel foi o protagonista dun concurso de pértega que fixo as delicias do público nas gradas de Expourense

  • Os sub12 da Escola Celta Atletismo tamén foron protagonistas na Final da Liga ABANCA de Categorías Menores. Os rapaces leváronse unha medalla de chocolate quedando a 4 puntos do podio, mentres que as rapazas foron quintas a tan só 3 puntos do bronce. Uns resultados para ser optimista co futuro da nosa Escola.

Os marchadores volvían colleitar bos resultados, sendo esta vez os vetaráns no Campionato de España Máster de Marcha en Getafe.

  • Jose Fernández Nieves lograba a prata na categoría M35 con 47:09 nos 10km.
  • A fichaxe Yolanda Abellán finalizaba en 7ª posición da categoría F45 con 32:03 nos 5km.

    Yolanda moi fácil na proba de Getafe estreando a celeste!

A actuación dos nosos completouse na participación no Memorial Andrés Abanqueiro de Vigo cun triplete de Pedro Vázquez, Nico Arias e Hugo Martínez nos sub16. Dobremente meritoria a actuación de Pedro e Hugo tendo en conta que competiron unhas horas antes en Ourense.

Este grupo de sub16 está chamado a facer grandes cousas esta tempada. A seguir rapaces!

A semana que vén estan previstos controis de marcas en Vila Nova, Santiago ou Vigo. Será unha nova oportunidade para ver en acción ós nosos. Mentres, noraboa ós atletas e adestradores!

Anterior post

A previa 15/12: ¡Estreamos pista cuberta!

Siguiente post

Éxito no Trofeo Solidario e dúas novas mínimas nos controis polo Nadal