Competiciones

1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO

Temos a intención de que o próximo 9 de Maio a cidade de Vigo alugue unha gran xornada de atletismo ó redor da 1ª Xornada da Liga Nacional de Clubs. O Celta Atletismo quere facervos partícipes a todos desta xornada e para iso na mañá previa a competición por clubes organizaremos unha serie de probas populares na pista. Todo isto gracias a colaboración da Federación Galega de Atletismo, o Comité Galego de Xuices e da Fundación Celta, que tan exitosamente organizou fai uns meses a «1ª Carreira Invasión Celeste»

Es habitual das carreiras populares? Algunha vez plantexacheste correr nunha proba en pista pero non estás federado? Nunca pensaches «e se a pista tamén é para min?» Si este é o teu caso, non esperes máis e pincha aquí para inscribirte no “1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO” Que non es tan ambicioso pero apeteceche vivir a experiencia de disfrutar dunha carreria sobre o tartán? Que tes nenos e non tes quén se ocupe deles? Vente con eles! Tamén temos probas para os máis cativos.

• Os atletas de categoría juvenil a veterano poderanse inscribir nas dúas carreiras (1000 m. e 3000m).

• A distribución de series farase a partir das mellores marcas dos atletas. No momento da inscrición o atleta deberá indicar a súa mellor marca nalgunha das seguintes probas: 600 m, 1000 m, 1500 m, 3000 m, 5000 m, 10000 m e Media Maratón. O xoves 7 de maio, publicaranse os horarios e series definitivas.

• Nas carreiras de 500 m, 1000 m e 3000 m e en todas as categorías as series serán dun máximo de 25 participantes cada unha.

• Haberá unha cámara de chamadas pola que terán que pasar todos os atletas 20 minutos antes de cada carreira.

• Haberá “LEBRES” de gran nivel e experiencia que marcarán o ritmo de carreira segundo o nivel de cada serie.

• O salto de lonxitude, salto de altura e lanzamento de peso, para as categorías menores, organizarase de forma conxunta nunha actividade lúdica non competitiva.

• A partir das 17:00 horas e na mesma instalación, celébrase o Campionato de España de Clubs de División de Honra. A A.D. Marathón (Madrid), Real Sociedade (Pais Vasco), Sociedad Gimnástica de Pontevedra e Real Club Celta de Atletismo enfrontaranse na primeira xornada da competición. Dende a Organización animamos a todos os atletas que participen no “1º MEETING POPULAR EN PISTA CELTA ATLETISMO” a asistir coma siareiros e poder vivir así unha xornada de atletismo en pista ao máximo nivel.

A inscrición farase a través do formulario disponible na páxina web Carreiras Galegas. O plazo de inscrición será dende o 07/04/15 ás 00:00 horas ata o 05/05/15 ás 22:00 horas. Non se aceptarán inscricións fora de plazo.

 org

Anterior post

Miguel Gómez ¡DETRÁS DE LOS TACOS!

Siguiente post

SIGUIENDO LA PISTA